- COMUNIDADE DE MONTES: Compóñena os veciños comuneiros os cales aprobaron os estatutos en asamblea xeral o 30 de Abril de 1995. Adícase a gestión e administración dos montes investindo os seus beneficios en melloras na propia parroquia e colaborando tamén na realización de actividades culturais e cas outras asociacións existentes.

Coa construcción da autovía A-52 o Ministerio de Fomento expropióu unha boa estensión do monte común, e a Comunidade de montes tivo que presentar a reclamación correspondente para poder conseguir un precio xusto por esta expropiación. Co importe obtido acordase construir unha Casa Comunal para os veciños, xa que ata este momento soíase utilizar o salón parroquial cedido para este fin polo párroco.

O 20 de xuño do 2004 celébrase a primeira votación para decidir o terreo que se adquirirá para realizar a obra, e o 1 de Agosto do mesmo ano faise a segunda e definitiva votación na que por 75 votos decídese adquirir unha finca no barrio da Lama cunha superficie de 4.417 m2. Votaron un total de 109 persoas dun censo de 127.

Esta construcción rematóuse no ano 2009. O día 31 de Maio do 2009 os veciños inaugurárona extraoficialmente cun acto da Coral Viladauga. A inauguración oficial celebróuse o día 04 de Xullo do mesmo ano e dende entonces é lugar de reunión, celebracións, e gran cantidade de actos que se realizan no pobo.

A edificación consta de dúas prantas e un soto.

Na pranta soto hai dous ximnasios e dúas salas de xogos. Na pranta baixa están o salón de actos, cociña, cafetería, biblioteca e servicios. E na pranta superior están as oficinas correspondentes as diversas asociacións existentes.

No esterior podemos disfrutar dunha cancha de deportes, parque para exercicios dos maiores, e un asador.

Pinchade na foto pa ver as distintas fases da construcción e as instalacións actuais.