A parroquia de Laias conta con diversas asociacións de tipo cultural, deportivo, de entretemento, etc, que fan coas suas actividades un lugar activo e agradable para os parroquians de todas as idades.

Así temos por exemplo:

- COMUNIDADE DE MONTES "SAN TROCADO" - Asociación básica para o desenrolo da maioría das actividades que se celebran na parroquia. Ocúpase da xestión e desenrrolo dos montes comunais así como da administración e inversión dos beneficios obtidos.(Máis datos e fotos)

- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS "SANTA EULALIA DE LAIAS" - Aparece inscrita no Rexistro Provincial de Asociacións con data do 04 de Maio do 1984. Os seus Estatutos indican que é unha asociación sen ánimo de lucro nen carácter político e ten como finalidad ocuparse da relación entre os veciños/as facendo de nexo entre os afectados por problemas veciñais para garantir a convivencia e o benestar de todos.

- ASOCIACIÓN DE MULLERES RUAIS - Vela polo desenrolo da muller rural e realiza actividades diversas coma excursións culturais a diferentes sitios de Galicia e cursos varios (informática, ximnasia, manualidades, etc...)

- CORAL POLIFONICA "VILADAUGA DE LAIAS" - A parroquia de Laias ten unha coral polifónica composta por unha trintena de veciños, tanto da propia parroquia coma dos arredores. Esta coral ten unha longa traxectoria tras de sí, xa que debutóu o día 30 de Xuño do 2002 cunha actuación na antiga igrexa da Parroquia de Laias, a beira do río Miño, e dende aquela ata hoxe sigue aumentando o seu repertorio e participando en diversos encontros de corais, tanto dentro como fóra da provincia de Ourense.(Máis datos e video)

- COMISION DE FESTAS DE LAIAS - Está composta por un grupo de homes e mulleres elexidos cada ano entre os veciños e que se encargan de programar e levar a cabo a celebración da principal festa deste pobo, O San Bieito, que se celebra os días 10, 11 e 12 do mes de Xullo. Esta é a festa básica do pobo, pero tamén hai outra, a Romaría do San Trocado, que se celebra o 15 de Maio (se non cae en sábado faise no sábado seguinte) e da cal tamén se encarga esta comisión.

Gracias a estes maiordomos, o pobo non deixa perder a tradición da festa do San Bieito e na que, con motivo da súa celebación, xúntanse moitas familias que sóio se ven nestas datas, pois como en tantos outros pobos non viven a cotío eiquí.

Son unhas festas moi apreciadas na zona e aparte das orquestras que as amenizan, celebránse actividades de todo tipo, tanto pra maiores coma pra os maís cativos. Estas actividades non se limitan os propios días da festa, senón que xa comenzan na semana aterior (semá cultural). Así temos: concerto de corais, maratón de fútbol sala, xogos populares (billar, ping-pong, futbolín), xogos infantís (tiro de corda, careira de sacos, globos de auga, xogo da silla, etc...), e noites de cine durante os días da novena para todos os públicos. E no último día, pra non perder a tradición o clásico partido de fútbol de solteiros contra casados.

- ASOCIACIÓN GASTRONÓMICA "OS LARPEIROS" - Esta asociación constituíuse no ano 2011 e está formana un grupo de persoas, tanto nativos de Laias coma outros achegados que teñen relación co pobo, e dedícase a ensalzar os productos típicos das cociñas. Nas súas xuntanzas a base é a preparación de pratos típicos da nosa terra sendo moitos e variados os que realizan.

Teñen coma fins principais entre outros a aprendizaxe de técnicas gastronómicas vinicolas e a divulgación das mesmas; a promoción e difusión da cultura gastronómica de Laias, O Ribeiro e Ourense; a realización de actividades gastronómicas, culturais e turísticas para coñecer e difundir dita riqueza e a degustación gastronómica e vitícola universal.

Pinchade na foto pra ver algúns dos pratos que preparan estes larpeiros, e se queredes saber máis desta asociación podedes facelo indo a sua páxina web:www.larpeirosdelaias.com.

 

- GRUPO "TROULA NA BURGA" - Está formado por un grupo de persoas que a máis de tocar a pandeireta e bailar tamén adícanse a recopilar e cantar cancións propias do lugar que xa cantaban os nosos maiores, e así procurar que non se vaian perdendo co paso do tempo. Teñen actuado en varios eventos coma diversos seráns e tamén na festa que celebra o pobo polo San Xoán.

VIDEO:"XOTA DE PIGARZOS"

 

 

- E, por último citar aquí tamén a ASOCIACION V.FUNDACIÓN BALNEARIO (trata temas que afectan a la relación entre los vecinos y la fundación del balneario), ASOCIACION XUVENIL E DEPORTIVA, e ASOCIACION FUTBOL VETERANOS.