AUGAS TERMAIS:

Son aquelas que brotan quentes (a temperatura superior á do ambiente) o que lle permite levar en disolución gran cantidade de substancias minerais beneficiosas para o organismo. Adoitan ter unha orixe profunda ou estar asociada a unha anomalía xeotérmica positiva, como pode ser un magma pouco arrefriado, unha zona de falla etc.

 

 

As propiedades curativas das augas xa eran coñecidas dende épocas anteriores aos romanos. Galicia ao ser rica en augas mineromedicinais (ten sete dos oito tipos que existen) tivo sempre gran cantidade de lugares para ir "tomar os Baños". Antigamente soían dicir que un podía curarse se cumpría a sagrada regra balnearia:"evitar las tres eses: sol, sereno, sayas... Y, por supuesto, si se preocupa de tomar las aguas en menguante".

As augas minero-medicinais de Laias foron analizadas en 1972, por Aniceto Charro Arias, do Departamento de Bromatoloxía e Analise Química aplicada, da Facultade de Farmacia, da Universidade de Santiago.

Manan a unha temperatura de 50,2ºC, cun caudal de 430 litros por minuto. Son augas de mineralización media, hipertermais, bicarbonatado-alcalinas, fluoradas, sulfurosas e litinadas, que se utilizan para tomar baños, "chorros" ou inhalacións. Os seus efectos son saudables para a artrose (o reuma) e problemas de pel. O tratamento normal tradicional é de sete ou nove días.

HISTORIA DOS MANCIAIS DE LAIAS:

Son varios os historiadores que opinan que os baños de Laias se veñen utilizando desde a antigüidade. Un deles é Samuel Eiján.

Polo que parece, o rei Vermudo II (morto en 999) xa acudía ás augas de Laias con frecuencia co príncipe, futuro Alfonso V "... para aliviarse y curarse de ... la gota, para la que eran remedio las milagrosas aguas ...".

A primeiros de maio do 1718, o bispo de Ourense comeza unha visita á diócese, logo da que escribe, no 1725 un libro e no que sinala que "Hay muchos baños de aguas saludables por los manantiales calientes,...Fuera del puente de Orense hay uno en Santiago de las Caldas, á dos leguas, otro en Santa Eulalia de Layas;...". Sabemos tamén que no ano 1865 entérrase "... a un hombre que apareció muerto en un de las pilas del baño común", o que nos indica que había varias pías para o baño común e outras para baño "privado", e que eran utilizados por persoas forasteiras.

A mediados do século XIX os baños deberon ter singular importancia, orixinando bastante documentación, e así nun documento de xullo de 1847 o párroco fai constar que "... como arrendatario a Nacional Hacienda pasa de seis años de mi propio iglesario, en donde existen baños minerales, y ya algo mejorados hay dos años a mis espensas y de algunos feligreses, para utilizarnos de su producto vine en arrendarlos por la razón de este presente año... en la postura de cien reales...".

Noutro documento, este de 1895, os veciños de Laias, Severino Ozores, Mariano Pascual, Ricardo Viso, Ángel Piñeiro, Ramón González e Bernardo Fernández, expóñenlle ao Delegado de Facenda da provincia de Ourense "que pasa de cuarenta y más años nuestros causantes, a saber, los padres de los cinco primeros y el suegro de Bernardo, cuyos derechos representa su muger Carmen González... han acotado en un campo público y del común de vecinos de esta parroquia titulado "Campo do Cabalo" una pequeña parcela de terreno de tres áreas... que utilizaron formando en ella unos tanques labaderos y unas casetas para sus usos particulares, y desde quella fechas vinieron poseiendo... dicha parcela y tanques sin interrupción alguna, usándolos no solo para el labado sino tamvien para tomar baño y refrescar en tiempo del calor".

O documento continúa sinalando que "acogiendonos a los veneficios que concede la real orden de 4 de junio del actual, nos creemos con derecho a la legitimación de posesión de la mencionada parcela", que demarca "por Norte con presa de un molino del abad... y por Oeste mas campo publico no acotado, pero sí investigado por la comisión de ventas; le afecta la servidumbre en fabor de los vecinos del pueblo de Layas para labar las ropas en dichos tanques y aun vañarse en verano por concesión y consentimiento tácito de los acotadores y construtores...".